top of page

A Serra do Suído forma parte das serras centrais galegas. E unha serra prelitoral da Dorsal Galega, que representa a fronteira natural entre as provincias de Pontevedra e Ourense e que inclúe aos concellos de A Lama, Fornelos de Montes, O Covelo na provincia de Pontevedra  e Avión e Beariz na de Ourense.

Ao sur limita coas serras do Faro de Avión e Paradanta e ao norte coa do Candán. A serra e un gran bloque elevado (horst) consecuencia  do tipo tectónico xermánico que tivo lugar no pregamento alpino, no Cenozoico, período terciario, na época do Eoceno ao chocar o macizo de Aquitania contra o Macizo Hespérico. Tamén se percibe outro tipo de tectónica, concretamente a Apalachense, onde percibimos unha erosión diferencial que afectou as lousas e sobretodo xistos, mentres as cuarcitas permanecen bastante inalterables. Este tipo tectónico foi consecuencia do metamorfismo que se percibe en certas áreas onde hai minerais como o Wolframio ou o estaño. En todo caso a maioría das rochas son paleozoicas, silíceas, ácidas, dominando o granito tipo albero ou do país.  E unha serra que está moi erosionada, como se percibe na súa morfoloxía redondeada e fornida, cun   perfil suave de altiplanicies por encima dos 900 m entre  as que destacan  os cotos de a Pedra da Letra,  Coto Miñoto (1051 m), Cotos Cornudos (1032 m), Porto de Valdohome (1014 m), Puza (1025 m) ou Bidueiros (943 m).

o relevo do suído

bottom of page